ADONAIRARE participa na gravación do CD "Coplas de Estrelas", interpretando coplas e cantos populares galegos relacionados coa lúa, as estrelas e o cosmos. Accede a toda a información facendo click aquí.
ADONAIRARE é unha agrupación de música tradicional galega, integrada dentro da Asociación Cultural Barqueiro de Vilaboa (Pontevedra), que se constitúe en setembro de 2001 baixo a dirección de Eva Blanco (compoñente do grupo Anubía). Baixo esta dirección comenzan as nosas primeiras andainas ata o ano 2003.
É no ano 2004 cando a dirección do grupo é tomada por Luis Prego (compoñente do grupo Ardentía), conformándose pouco a pouco o que actualmente é o grupo de pandereteir@s ADONAIRARE.
Dende entón comézase a realizar actuacións por todo Galicia, unhas veces como agrupación musical e outras acompañando a grupos de baile como ALBENDEIRA de Vigo.
Cun cariño especial gardamos actuacións como as realizadas en:
- Acompañamento ó grupo de baile ALBENDEIRA de Vigo, nas festas de Xinzo da Limia - [Agosto 2005]
- Acompañamento ó grupo de baile ALBENDEIRA de Vigo, nas festas de Monforte - [Agosto 2005]
- Grabación en estudios LITIUM (Pontevedra) para a representación teatral da Feira Franca (Pontevedra) - [Agosto 2005]
- Participacións nos Obradoiros de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo - [dende o ano 2005]
- Entroido de Cobres - [Febreiro 2008]
- Boda duns amigos no Castelo de Soutomaior - [Outubro 2008]
- Festa da Carne Richada en Forcarei - [Decembro 2008]