ADONAIRARE participa na gravación do CD "Coplas de Estrelas", interpretando coplas e cantos populares galegos relacionados coa lúa, as estrelas e o cosmos. Accede a toda a información facendo click aquí.

Novembro 2009
ADONAIRARE grazas o traballo e bo facer da súa cantareira máis estelar, Ana Ulla, participa na gravación do CD "Coplas de Estrelas" pertencente ó proxecto "Contos e Coplas de Estrelas", organizado co gallo do Ano Internacional da Astronomía (AIA) polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de Vigo (UVIGO) e a colaboración da Radio Galega.
> Coñece máis sobre ...
O proxecto “Contos e Coplas de Estrelas” engloba ciencia, literatura e música, co obxectivo de vencellar a sabedoría popular coa astronomía nun formato atractivo que chegue o gran público.
Inclúe a tradución ao galego do libro “Contos de Estrelas” incluíndo un conto popular galego, a gravación dun CD con coplas tradicionais galegas que fan referencias os astros, e un concerto de presentación do material con astrónomos, contacontos e música de coplas.
O proxecto divídese en tres bloques:
- Tradución ao galego do libro “Cuentos de Estrellas” (de Rosa Mª Ross, editado polo CSIC) e inclusión dun conto galego. Esta publicación é unha recompilación de contos de todo o mundo na que os astros son os protagonistas. Cada relato vai acompañado da correspondente explicación científica e, tanto o deseño gráfico como as ilustracións son moi atractivas.
. - Edición do CD: “Coplas de Estrelas”. CD con coplas e cantos populares galegos relacionados coa lúa, as estrelas e o cosmos.
. - “Noite de Contos e Coplas de Estrelas”. O material divulgativo elaborado presentouse nun evento lúdico dirixido a tódolos públicos, que tivo lugar na cidade de Vigo o sábado 21 de novembro de 2009 coincidindo coa Semana da Ciencia 2009. Co título “ Noite de Contos e Coplas de Estrelas” os participantes poideron escoitar contos, bailar a música das coplas e aprender das explicacións das astrónomas.
Descarga o cartel do evento facendo click aquí.
CD con coplas e cantos populares galegos relacionados coa lúa, as estrelas e o cosmos. Trátase dun traballo que combina a etnografía coa astronomía. O grupo de música popular Adonairare de Vilaboa (Pontevedra), interpreta coplas, cantos de berce e cantos de reis típicos da cultura tradicional galega, recollidos previamente e clasificados por zonas xeográficas. O CD presentase cun libreto coas letras das coplas e pequenas explicacións científicas a referencias astronómicas que se fan nas coplas (por exemplo, por qué algunhas estrelas chamábanse “leiteiras”).
> Contido do Cd ...
- Santa María Strela do día (Cantiga nº100 de Afonso X o Sabio, con arranxos de Quico Comesaña)
- Muiñeira de Montillón (Adonairare, tradicional)
- Mazurca de Mondariz (Adonairare, tradicional)
- Xota de Laxoso (Adonairare, con arranxos de Luis Prego)
- Alalá de Vilalba (Susana Seivane)
- Rumba de Monzo (Adonairare, tradicional)
- Pasodobre de Imende (Adonairare, tradicional)
- Xota do Universo (Adonairare, con arranxos de Benigno González e Ana Ulla)
- Devina estrela (Adonairare, tradicional)
- Deneb (Berrogüetto)