Warning: file_put_contents() [function.file-put-contents]: Only 4096 of 6084 bytes written, possibly out of free disk space in /home/d354353/public_html/modules/TinyMCE/TinyMCE.module.php on line 596
Asociación Cultural Barqueiro - Actividades

a photo

Dende a A.C.Barqueiro, e co obxectivo de promociona-la cultura galega e as nosas tradicións, lévanse a cabo as seguintes actividades planificadas anualmente:

> Concurso de Maios
> Festival do Día das Letras Galegas
> Festa do Río
> Fogueira de San Xoán
> Magosto

Outras actividades desenroladas, abarcan dende carreiras pedestres, torneos de xadrez, damas e ping-pong, ata colaboracións con outras asociacións no ámbito da Ría de Vigo.

 

Concurso de Maios

Data: 1 de Maio  /  Lugar: Casa da Cultura de Riomaior

Organizase o 1º de Maio, e nel participan os Maios dos nenos da localidade. Premios en metálico e roscón.

.. Subir ..


Festival do Día das Letras Galegas

Data: 17 de Maio  /  Lugar: Casa da Cultura de Riomaior

Concurso de redacción e debuxo para nenos en idade escolar. Agasallos de lotes de libros e actuacións de teatro, títeres, música,...

.. Subir ..

 

Festa do Río

Data: entre a primaveira e o verán  /  Lugar: Muiños de Riomaior

Consiste nun percorrido etnográfico polos muiños de Riomaior, xantar e actuacións musicais.

.. Subir ..

 

Fogueira de San Xoán

Data: 23 de Xuño  /  Lugar: Adro da Igrexa de San Adrián de Cobres

Tradicional fogueira de San Xoán, con sardiñada, churrasco e queimada.

.. Subir ..

 

Magosto

Data: Novembro  /  Lugar: A deteminar

Coa chegada do outono é tradicional nesta asociación celebrar este día co asado dunhas castañas (gratuitas para todos aqueles que se achegan) acompañadas con viño que cada familia achega ata o lugar de encontro, procedente das súas  propias adegas.

.. Subir ..