Warning: file_put_contents() [function.file-put-contents]: Only 4096 of 6084 bytes written, possibly out of free disk space in /home/d354353/public_html/modules/TinyMCE/TinyMCE.module.php on line 596
Asociación Cultural Barqueiro - Historia

a photo

Nace a Asociación Cultural Barqueiro o 20 de setembro de 1976. Malia ser esta a data na que consta legalmente constituida, xa viña desenrolando unha intensa actividade cultural anos atrás. Xurde a idea da creación desta asociación debido principalmente ó impulso do por aquel entonces párroco local, Don Manolo Fresco, e un grupo de mozos da localidade preocupados pola cultura e a conservación do folclore tradicional e popular.

Paralelamente á súa creación, estrease con notable éxito as obras teatrais "Os vellos non deben namorarse" (Castelao) e "A boda de Esganarello" (Moliere). O teatro terá xa dende aquelas afastadas datas, un papel primordial na programación cultural da asociación. Pero paralelamente a esta vertente, xorden outras actividades que aínda hoxe teñen continuidade: Festa dos Maios, Día das Letras Galegas, Magosto Popular, Fogueira de San Xoán, ...

Dos comezos da Asociación cabe destacar a presencia en certames e mostras, dos poetas Manuel María (1981 e 1982) e Bernardino Graña (1982). Tamén teñen relevancia os recitais musicais de Pablo Quintana e Ricardo Montero, certames de gaitas, festas populares, charlas coloquio, mostra de Arquitectura Prerrománica Galega, ...é innumerable o sumario de actividades, e remitímonos soamente ás máis destacables.

Se fecundos foron os seus comezos, a explosión definitiva xurde no periodo seguinte (anos 1985-1995), nos que Barqueiro chega a contar con 3 grupos de teatro (infantil, xuvenil e maiores), que levan as súas representacións por teatros e salas de Pontevedra, Vigo, Moaña, Vilaboa, Noia, ...Paralelamente, xurde unha agrupación xuvenil integrada en Barqueiro que mantén un gran dinamismo ata que se disolve no tempo. Destaca tamén a creación dun grupo de baile galego, que se mantén durante varios anos. Todo iso sen esquecer novedosas e tradicionais actividades.

A época seguinte comeza marcada polo acto de máis envergadura realizado pola Asociación: o "Festival Internacional do Folclore do Mar", que conta coa actuación de grupos folclóricos de toda Europa (Holanda, Iugoslavia, Bielorrusia, ...). O festival realízase xunto con outras Asociacións culturais durante un periodo de 3 anos (1994, 1995 e 1996), pero déixase de realizar debido a razóns económicas e á cantidade inxente de traballo que precisaba. A agrupación por outra banda, continúa co seu elenco de actividades culturais, representacións teatrais, cursos de cerámica, mostras de fotografías, Maios, Día das Letras Galegas, Fogueira de San Xoán, ...A asociación tamén colabora activamente nas coñecidas Mostrar Culturais do Concello de Vilaboa, nas que participan membros da Asociación con traballos de pintura, escultura, carpintería, ...Xurde tamén neste últimos anos a "Mostra de Nadal", propia da Asociación, con exposicións de diversa índole.

Ó longo dos máis de 30 anos de existencia, Barqueiro non esquenceu tampouco o deporte, e son numerosas as carreiras pedestres realizadas, campionatos de tenis de mesa, axedrez, damas, rutas de sendeirismo, marchas ciclistas, torneos de fubito, ...

E así ata o día de hoxe, sempre tratando de facer partícipes ós socios e colaboradores da programación da Asociación. Na actualidade, a Asociación conta cun total de máis ou menos 75 membros, entre socios e colaboradores.

Unha serie de actos tiveron continuidade ata hoxe, outros quedaron atrás ou fóronse renovando por outros. A nosa ilusión sería poder realizalos todos, máis sería tarefa imposible. Actualmente, a Asociación manexa unha cantidade de máis ou menos 12 actos anuais.

Para calquera información sobre a Asociación, non dubide en contactar connosco. Un saúdo e anticipadas gracias polo interese mostrado.

Anxo Cortegoso Casal